Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Protocolo de Internet | |
---|---|
Tipo | estándar de Internet, Invento e protocolo de comunicacións |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Protocolo de Internet (IP, das súas siglas en inglés Internet Protocol) é un protocolo non orientado á conexión, usado tanto pola orixe como polo destino para a comunicación destes a través dunha rede (Internet) de paquetes conmutados.
Os datos nunha rede que se basea en IP son enviados en bloques coñecidos como paquetes ou datagramas (no protocolo IP estes termos adóitanse usar indistintamente). En particular, en IP non se necesita ningunha configuración antes de que un equipo intente enviar paquetes a outro co que non se comunicara antes.
O Protocolo de Internet prové un servizo de datagramas non fiable (tamén chamado do mellor esforzo (best effort), farao o mellor posible pero garantindo pouco). IP non prové ningún mecanismo para determinar se un paquete alcanza ou non o seu destino e unicamente proporciona seguridade (mediante checksums ou sumas de comprobación) das súas cabeceiras e non dos datos transmitidos. Por exemplo, ao non garantir nada sobre a recepción do paquete, este podería chegar danado, noutra orde con respecto a outros paquetes, duplicado ou simplemente non chegar. Se se necesita fiabilidade, esta é proporcionada polos protocolos da capa de transporte, como TCP.
Se a información a transmitir ("datagramas") supera o tamaño máximo "negociado" (MTU) no tramo de rede polo que vai circular poderá ser dividida en paquetes máis pequenos, e reensamblada logo cando sexa necesario. Estes fragmentos poderán ir cada un por un camiño diferente dependendo de como estean de congestionadas as rutas en cada momento.
As cabeceiras IP conteñen os enderezos das máquinas de orixe e destino (enderezos IP), enderezos que serán usadas polos enrutadores (routers) para decidir o tramo de rede polo que reenviarán os paquetes.