Psyche (nave espacial)

Psyche
Representación artística da nave espacial Psyche.
TipoOrbitador de asteroides
FabricanteMaxar Technologies[1]
OrganizaciónNASA, ASU
Satélite deEstados Unidos de América Estados Unidos
Data de lanzamentoXullo de 2022
Foguete portadorFalcon Heavy[2]
Sitio de lanzamentoCentro espacial John F. Kennedy
Complexo de lanzamento 39A
Duración da misiónViaxe: 3.5 anos
En órbita: 21 meses (2026-2027)
Obxectivo da misión16 Psyche
Masa2 608 kg (5 750 lb)[3]
Insignia da misión
nasa.gov/psyche
psyche.asu.edu

Psyche é unha misión orbital que explorará a orixe dos núcleos planetarios mediante o estudo do asteroide metálico 16 Psyche.[4] Este asteroide pode ser o núcleo de ferro exposto dun protoplaneta, probablemente o remanente dunha colisión violenta con outro obxecto que eliminou a codia externa. Lindy Elkins-Tanton da Universidade Estatal de Arizona en Tempe, Arizona é a investigadora principal e foi quen lle propuxo esta misión ó Programa de Descubrimento da NASA. O Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA (JPL) administrará o proxecto.

16 Psique é o asteroide máis pesado coñecido do tipo M, e pénsase que é o núcleo de ferro exposto dun protoplaneta.[5] As observacións radar do asteroide dende a Terra indican unha composición ferro-níquel.[6] O 4 de xaneiro de 2017, a misión de Psyche foi elixida xunto coa misión de Lucy como a próxima misión do programa Discovery da NASA.[7]

A misión prevé ser lanzada en xullo de 2022, a bordo dun foguete Falcon Heavy.[2]

  1. "FY 2021 President's Budget Request Summary" (PDF). NASA. 10-02-2020. pp. 437–439. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17-06-2020. Consultado o 03-07-2020. 
  2. 2,0 2,1 Foust, Jeff (28-02-2020). "Falcon Heavy to launch NASA Psyche asteroid mission". SpaceNews.com. Consultado o 03-07-2020. 
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome propulsión
  4. Chang, Kenneth (06-01-2017). "A Metal Ball the Size of Massachusetts That NASA Wants to Explore". The New York Times. Consultado o 03-07-2020. 
  5. Elkins-Tanton, L. T.; et al. (2014). Journey to a Metal World: Concept for a Discovery Mission to Psyche (PDF). 45ª Lunar and Planetary Science Conference, celebrada do 17 ó 21 marzo de 2014 en The Woodlands, Texas. 1253. Bibcode:2014LPI....45.1253E. LPI Contribución nº 1777. Consultado o 03-07-2020. 
  6. Shepard, Michael K.; et al. (xaneiro de 2017). "Radar observations and shape model of asteroid 16 Psyche". Icarus 281: 388–403. Bibcode:2017Icar..281..388S. doi:10.1016/j.icarus.2016.08.011. 
  7. Grush, Loren (04-01-2017). "In the 2020s NASA will launch spacecraft to study Jupiter's asteroids, and another made of metal". The Verge. Consultado o 03-07-2020. 

Developed by StudentB