A quena é un instrumento de vento de bisel, usado tradicionalmente polos habitantes dos Andes centrais. Na actualidade é (xunto ao sicu e ao charango) un dos instrumentos típicos dos conxuntos folclóricos de música andina, encontrándose o seu uso tamén na música de fusión, etno etcétera. En antigos costumes utilizábase a frase "imos ir á quena" como ameaza de castigo aos nenos, baseándose iso en que, segundo crenzas populares, o instrumento se utilizaba como arma para azoutar.[Cómpre referencia].