Reino do Brasil foi unha das partes constituíntes do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. A creación por decreto do 16 de decembro de 1815, puxo fin á antiga colonia portuguesa do Brasil. Porén o cambio de status xa se viña practicando desde a chegada da familia real portuguesa e a súa Corte en 1808 trala invasión napoleónica de Portugal.[1]
↑Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España (ed.). "Independencia de Brasil". Bicentenario de las Independencias Iberoamericanas. Consultado o 13 de febreiro de 2018.