Resistencia

Símbolos utilizados para indicar unha resistencia eléctrica. Á esquerda, símbolo máis utilizado en Europa (ICE). Á dereita, símbolo máis utilizado nos Estados Unidos de América.

Unha resistencia é un compoñente electrónico deseñado para introducir unha resistencia ao paso da corrente eléctrica entre dous puntos dun circuíto, de acordo coa Lei de Ohm.

Noutros casos, como nas máquinas de pasar o ferro, quentadores etc., as resistencias empréganse para producir calor aproveitando o efecto Joule.

Unha resistencia ideal é un compoñente cunha resistencia eléctrica que permanece constande a pesar da voltaxe aplicada ou o fluxo de corrende que percorre este dispositivo. Aínda que no "mundo real" as resistencias non poden alcanzar este obxectivo perfecto, son deseñadas para ofrecer pouca variación na súa resistencia eléctrica cando son sometidas a cambios de temperatura ou outros factores ambientais. As resistencias son un compoñente moi habitual en calquera circuíto eléctrico e, por tanto, atopámolas en case tódolos aparellos electrónicos. As resistencias poden estar feitas de diferentes substancias e compostos, pero tamén de fío metálico especial, como a aliaxe de níquel-cromo, que ten unha gran resistencia eléctrica.

Diferentes resistencias

Existen resistencias de valor variable, que reciben o nome de potenciómetros.


Developed by StudentB