Rododendro

Os rododendros[1] son arbustos pertencentes ao xénero Rhododendron (do grego: rhodos, rosa; dendron, árbore). É un xénero de anxiospermas pertencente á familia Ericaceae, que contén máis de 1000 especies, algunhas das cales son coñecidas comunmente como azaleas. Axéitanse moi ben ao clima galego, por iso son moi comúns na xardinaxe do país. Dado que é un xénero moi extenso, as plantas se organizan en subxéneros, seccións, subseccións e series. Estes subxéneros divídense basicamente en catro grupos:

  • Azaleastrum
  • Candidastrum
  • Hymenanthes: follas grandes (sen escamas no envés). Tipo: Rhododendron degronianum Carr.
  • Mumeazalea
  • Pentanthera
  • Rhododendron: follas miúdas (con escamas no envés). Tipo: Rhododendron ferrugineum L.
  • Therorhodion
  • Tsutsusi

RBG, Edinburgh

  1. Nome común galego en todas as fontes, coma Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004

Developed by StudentB