Roma

Modelo:Xeografía políticaRoma
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Alcumela città eterna, Вечный город, Wieczne Miasto, Věčné město, Ciudad Eterna e večno mesto Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°53′35″N 12°28′58″L / 41.8931, 12.4828
PaísItalia
RexiónLazio
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Roma Capital Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.748.109 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.134,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.287,36 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Tíber, Rio Aniene (pt) Traducir e Mar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Altitude21 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorRómulo (pt) Traducir e Remus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación21 de abril de 814 a. C. ↔ 21 de abril de 747 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
410Saqueo de Roma
455Saque de Roma (pt) Traducir
472siege of Rome (en) Traducir
década de 530Cerco de Roma (537-538) (pt) Traducir
546Saque de Roma (pt) Traducir
846Raide árabe contra Roma (pt) Traducir
1527Saqueo de Roma
1849Siege of Rome (en) Traducir
390 a. C.Invasão Gaulesa de Roma (pt) Traducir
509 a. C.Siege of Rome (en) Traducir
21 de abril de 753 a. C.Fundación de Roma Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónPedro e Paulo de Tarso Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRoberto Gualtieri (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRome City Council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 49) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal00118–00199 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT058091 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoH501 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcomune.roma.it Editar o valor en Wikidata
Facebook: RomaCapitaleOfficialPage Twitter: roma BNE: XX450803 Editar o valor en Wikidata

Roma[1] (AFI: /ˈroma/, It-Roma.ogg pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018)[2], capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.[3] Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.[4]

Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes[5][6]) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade,[7] sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes.

É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo;[8] o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental.[9] En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.[10][11]

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa.[12] Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.[13][14]

Por antonomasia, coñécese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi (en galego, "cidade, cabeza do mundo") e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).

  1. "Definición de romano - Dicionario da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 08 de marzo de 2014. 
  2. "Istituto Nazionale di Statistica d'Italia (en italiano)". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 15 de outubro de 2019. 
  3. Cutrufo 2010, p. 84
  4. "Roma diventa Capitale" (en italiano). Roma Capitale. Consultado o 15 de outubro do 2019. 
  5. "Scoperte archeologiche rivelano che Roma ha 200 anni di più" (en italiano). Consultado o 21 de abril de 2014. 
  6. ""Roma più vecchia di due secoli"" (en italiano). Consultado o 13 de abril de 2014. 
  7. O número de habitantes da Roma augustea foi alcanzado só a principios do século XIX por Londres.
  8. "Roma, un caso único: en la Historia, en el presente". Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  9. "Roma, Centro Histórico". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2010. Consultado o 21 de abril de 2010. 
  10. "UNESCO - Centro histórico de Roma" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2010. 
  11. En 1990 foi feita pola Unesco unha ampliación e incluíronse os bens comprendidos dentro das murallas gianicolensi construídas a instancia do papa Urbano VIII.
  12. "La Città del Vaticano oggi" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2009. 
  13. "Discurso del Presidente Ciampi". Consultado o 29 de xaneiro de 2010. 
  14. "Le istituzioni salutano Benedetto XVI Ciampi: "Gioia per tutti gli italiani"" (en italiano). Consultado o 17 de outubro do 2019. 

Developed by StudentB