Rotavirus

Rotavirus

Reconstrución por computador dun rotavirus baseada en varias micrografías electrónicas. Unha partícula deste virus é esférica con protrusións superficiais regularmente espazadas.
Clasificación científica
Grupo: III (Virus ARN bicatenario)
Orde: Non asignado
Familia: Reoviridae
Subfamilia: Sedoreovirinae
Xénero: Rotavirus
Especie tipo
Rotavirus A
Especies

Rotavirus A
Rotavirus B
Rotavirus C
Rotavirus D
Rotavirus E

O Rotavirus (do latín rota, 'roda', pola súa forma) é un xénero de virus que son a principal causa de diarreas graves en nenos.[1] Trátase de virus de ARN bicatenario da familia Reoviridae. Practicamente todos os nenos do mundo foron infectados por rotavirus algunha vez antes dos 5 anos de idade.[2] Con cada infección desenvólvese inmunidade, polo que as infeccións posteriores son menos graves; e os adultos raramente se infectan.[3] Hai cinco especies destes virus, denominadas A, B, C, D, e E. O Rotavirus A, que é a especie máis común, causa máis do 90% das infeccións en humanos.

O virus transmítese pola ruta fecal-oral. Infecta e dana as células que tapizan o intestino delgado (enterocitos) causando gastroenterite. Os rotavirus descubríronse en 1973[4] e son responsables do 50% das hospitalizacións por diarreas graves en nenos.[5][6] Ademais do seu impacto na saúde humana, os rotavirus tamén infectan animais, incluído o gando.[7]

A infección por rotavirus é xeralmente unha doenza doada de manexar na infancia, pero, aínda así, no mundo morren pola súa causa 450 000 nenos de menos de 5 anos cada ano,[8] a maioría dos cales viven en países en vías de desenvolvemento económico,[9] e case dous millóns máis caen gravemente enfermos.[6][10] As campañas sanitarias para combater os rotavirus céntranse na terapia de rehidratación oral para nenos infectados e na vacinación para impedir a enfermidade.[11] A incidencia e gravidade das infeccións por rotavirus baixou significativamente nos países que engadiron a vacinación contra os rotavirus ás súas políticas rotineiras de inmunización dos nenos.[12][13]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid11052397
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid19252423
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18838873
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid19799704
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid16397429
  6. 6,0 6,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid17919334
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome isbn0-12-375158-6
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid22030330
  9. World Health Organization (2008). "Global networks for surveillance of rotavirus gastroenteritis, 2001–2008" (PDF). Weekly Epidemiological Record 83 (47): 421–428. Consultado o 3 May 2012. 
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid17357047
  11. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18026034
  12. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid21734466
  13. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid20622508

Developed by StudentB