Roupa

Bebé con diversas pezas de roupa.

A roupa, vestimenta ou indumentaria é o conxunto de pezas xeralmente téxtiles fabricadas con diversos materiais e usadas para vestir as persoas, mobles e fogares.[1] O uso de roupa está restrinxido principalmente aos seres humanos e é unha característica de todas as sociedades humanas. A cantidade e o tipo de roupa usada depende do sexo, o tipo de corpo, os factores sociais e as consideracións xeográficas. Xurdiu para protexer o corpo do clima e os obxectos da sucidade, pero os seus usos fóronse multiplicando.[2] Os materiais son variados, desde peles ata algodón ou fibras sintéticas.[3] A moda dita o estilo predominante en cada época e o tipo de roupa indica a clase social e parte da forma de pensar da persoa que a pon. Hai roupa específica para unha actividade, como o equipamento deportivo, os uniformes profesionais ou os vestidos relixiosos, entre outros. Evita ensinar unha parte do corpo ou outra, especialmente o da muller, aínda que depende das normas de pudor da sociedade concreta. Algúns tipos de roupa poden ser específicas de xénero, aínda que iso non se aplica os travestís xa que estes adoitan usar roupa do xénero oposto.

No seu sentido máis amplo, inclúe tamén as luvas para cubrir as mans, o calzado (zapatos, zapatillas e botas) para cubrir os pés e gorros, gorras e chapeus para cubrir a cabeza. Os obxectos coma bolsos e paraugas considéranse complementos ou accesorios máis ca pezas de vestir propiamente ditas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roupa.
  2. "Definición de ropa" (en castelán). Consultado o 17 de xuño 2020. 
  3. "Ropa" (en castelán). Consultado o 17 de xuño 2020. 

Developed by StudentB