Royal Society | |
---|---|
Tipo | academia de ciencias, editorial, editor de acceso aberto, sociedade científica e academia nacional |
Campo de traballo | ciencia, historia natural e ciencias naturais |
Data de fundación | novembro de 1660 |
Presidente/a | Adrian Smith (2020-) |
Nº de membros | 1.700 (2020) |
Nº de empregados | 219 (2021) |
Premios | Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e Premio Princesa de Asturias |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
51°30′22″N 0°07′56″O / 51.506111111111, -0.13222222222222 | |
Na rede | |
https://royalsociety.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Royal Society of London for Improving Natural Knowledge é a máis antiga sociedade científica do Reino Unido e unha das máis antigas de Europa. Aínda que se adoita considerar o ano 1660 como o da súa fundación, o feito é que anos antes xa existía un grupo de científicos que se reunían con certa periodicidade. Mantén estreitas relación coa Academia Real Irlandesa fundada no 1782, mentres que a Real Sociedade de Edimburgo, fundada en 1783, mantense como unha institución escocesa independente. A pesar de ser unha institución privada e independente, fai ás veces de Academia Nacional de Ciencias no Reino Unido e é membro do Consello Científico Británico formado no 2000.