SST Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1978 |
Fundador(es) | Greg Ginn |
Sede | Long Beach |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.sstsuperstore.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
SST Records é un selo independente estadounidense formado en 1978 en Long Beach (California) polo músico Greg Ginn. A compañía inicialmente chamouse Solid State Tuners debido a que Ginn vendía equipamentos electrónicos. Ginn transformouna nun selo discográfico para editar material da súa banda Black Flag.
SST inicialmente centrouse na edición de material de bandas de hardcore punk de Southern California. Coma moitas das bandas do selo trataban expandirse máis aló das limitacións do xénero, SST editou moitos álbums clave na evolución do rock alternativo estadounidense, incluíndo a bandas coma Minutemen, Hüsker Dü, Meat Puppets, Sonic Youth ou Dinosaur Jr. Despois de alcanzar o seu pico de edición a finais dos anos 80, SST comezou a aventurar con publicacións de jazz. SST está hoxe en día baseado en Taylor, Texas. Sonic Youth, Dinosaur Jr. e Meat Puppets reclamron os dereitos do material de SST antes de deixar o selo.