Saturno

Saturno ♄
Saturno, imaxe dende a sonda Cassini o 23 xullo de 2008.
Descubrimento
Descuberto por civilizacións antigas
Descuberto na antigüidade
Características orbitais
Distancia media do Sol 9,55495 UA
1 429 400 000 km
Raio medio ~9,53707032 UA
1,4267254·1012 m
Excentricidade 0,055 723 219
Período orbital (sideral) 29a 167d 6,7h (~9,3·108 s)
Período orbital (sinódico) 378,1 días(~3,27·107 s)
Velocidade orbital media 9672,4 m/s
Inclinación orbital 2,48446°
Número de satélites ~200 observados
(62 con órbitas seguras)
Características físicas
Diámetro ecuatorial 1,20536·108 m
Área superficial 4,27×1010 km²
83,703 Planetas Terra
Masa 5,688·1026 kg
Densidade media 690 kg/m³
Gravidade superficial 10,44 m/s²
Período de rotación Ecuatorial 10h,13 m,59s
Interno 10 h,39m,25s
Inclinación axial 26,73°
Albedo 0,47
Velocidade de escape 35,490 m/s
Temperatura superficial
mín. media máx.
82 K  143 K  ? K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 1,4·105 Pa
Hidróxeno(H2) ~96%
Helio ~3%
Metano ~0,4%
Vapor de Auga 0,1%
Amoníaco 0,01%
Etano 0,000 7%
Fosfina 0,0001%

Saturno é o sexto planeta do Sistema solar e o único con aneis visíbeis dende o noso planeta. Foi chamado así polo deus romano Saturno. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos, tamén chamados xovianos, por Xúpiter. Antes da invención do telescopio, Saturno era o planeta coñecido máis distante. O primeiro en observarlle os aneis foi Galileo en 1610, aínda que a baixa inclinación dos aneis e a baixa resolución do seu telescopio fíxolle pensar que se trataban de grandes lúas.[1] Christiaan Huygens, con mellores medios de observación puido en 1659 ollar con claridade os aneis.[2] No ano 1859 James Clerk Maxwell demostrou matematicamente que os aneis non podían ser un único obxecto sólido, senón que debían ser unha agrupación de millóns de partículas de menor tamaño.[3]

O planeta Saturno é un xigante de gas, o segundo do sistema en tamaño despois de Xúpiter, ó que se asemella bastante en constitución. A súa distancia media do Sol é duns 1429 millóns de quilómetros.[4]

  1. Helden, Albert Van (1977). The Invention of the Telescope (en inglés). American Philosophical Society. ISBN 978-0-87169-674-8. 
  2. Huygens, Christiaan; Vlacq, Adriaan; Hollingworth, Jacob; Burndy Library, donor DSI (1659). Cristiani Hugenii Zulichemii, Const. f. Systema Saturnium : sive, De causis mirandorum Saturni phaenomenôn, et comite ejus Planeta Novo. Hagae-Comitis : Ex typographia Adriani Vlacq. 
  3. Huygens, Christiaan; Vlacq, Adriaan; Hollingworth, Jacob; Burndy Library, donor DSI (1659). Cristiani Hugenii Zulichemii, Const. f. Systema Saturnium : sive, De causis mirandorum Saturni phaenomenôn, et comite ejus Planeta Novo. Hagae-Comitis : Ex typographia Adriani Vlacq. 
  4. "Saturno". www.if.ufrgs.br (en portugués e inglés). Consultado o 31 de maio de 2024. 

Developed by StudentB