Sebadoh | |
---|---|
Orixe | Westfield, Massachusetts, |
Período | 1986 - presente |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi |
Selo(s) discográfico(s) | Domino, Sub Pop, Homestead Records, City Slang Records, Siltbreeze, Vertical Records |
Membros | Lou Barlow Jason Loewenstein Bob D'Amico |
Antigos membros | Eric Gaffney Bob Fay Russell Pollard |
Artistas relacionados | Dinosaur Jr., The Folk Implosion, Sentridoh, The Fiery Furnaces |
Na rede | |
sebadoh.com | |
Sebadoh é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1986 en Westfield, Massachusetts por Eric Gaffney e o baixista de Dinosaur Jr Lou Barlow. Xunto con grupos como Pavement e Guided by Voices, Sebadoh foi un dos pioneiros da música lo-fi, un estilo de indie rock characterizado polas súas técnicas de gravación de baixa fidelidade, a miúdo con aparellos de catro pistas. Os primeiros traballos da banda, como The Freed Man (1990), Weed Forestin' (1990) e Sebadoh III (1991), son típicos deste estilo. Tras o lanzamento de Bubble & Scrape en 1993, Gaffney deixou a banda. O seu substituto, Bob Fay, apareceu en Bakesale (1994), pero foi despedido antes das sesións do seu primeiro álbum cun gran selo, The Sebadoh (1999).
A banda entón pasou por un período de 14 anos de hiato sen editar nada, durante o cal os seus membros dedicáronse a outros proxectos xirando ocasionalmente como Sebadoh. O grupo, liderado polo vocalista Lou Barlow, regresou no ano 2013 co EP Secret e un álbum titulado Defend Yourself, ámbolos dous autoeditados. O seu último álbum ata a data é Act Surprised, editado no ano 2019 a través do selo Dangerbird Records.