Selandia

Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Zelandia
Modelo:Xeografía políticaSelandia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°34′N 11°53′L / 55.57, 11.89
Poboación
Poboación2.302.074 Editar o valor en Wikidata (327,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7.031,3 km² Editar o valor en Wikidata
Medición116 (ancho) × 132 (lonxitude) km
Bañado porMar Báltico Editar o valor en Wikidata

Selandia[Cómpre referencia] (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste). É a illa máis grande (agás Groenlandia) e a illa máis populosa de Dinamarca cunha poboación de 2.267.659 habitantes (39% do total de Dinamarca en xaneiro de 2016).[1]

É a illa número 96 do mundo por superficie e a 35ª máis populosa. Está conectado con Fionia pola Ponte do Gran Belt, a Lolland, Falster (e Alemaña a partir de 2028) pola Ponte Storstrøm e as Pontes Farø. Selandia tamén está vinculada a Amager por cinco pontes. Selandoa está unida indirectamente, a través de illas intermedias por unha serie de pontes e túneles, ao sur de Suecia.

Copenhague, a capital de Dinamarca, atópase en parte na costa oriental de selandia e en parte na illa de Amager. Outras cidades en Selandia son Roskilde, Hillerød, Næstved e Helsingør. A illa non está unida historicamente á nación do Pacífico de Nova Zelandia, que se chama así pola provincia holandesa de Zelandia.

  1. Source:statistikbanken.dk/Befolkning og valg/table BEF4:Folketal 1. januar efter øer.

Developed by StudentB