Sendeirismo

Sendeirismo nos Pireneos (España), polo GR-11, nas proximidades do pico Anayet

O sendeirismo, unha especialidade do montañismo, é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños balizados e homologados polo organismo competente de cada país. Consiste en camiñar principalmente polo campo seguindo sendas ou camiños. Etimoloxicamente a palabra provén de sendeiro.

O sendeirismo busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais, utilizando preferentemente o sistema tradicional de vías de comunicación, tales como canellóns reais, camiños veciñais, sendas e carreiros.[1]

O sendeirismo constitúe unha simbiose entre deporte, cultura e as paisaxes naturais.[Cómpre referencia]

O sendeirismo é unha actividade que pode confundirse co excursionismo. Segundo despréndese da extensa literatura sobre deportes ao aire libre, o excursionismo sería a disciplina máis próxima e precursora do sendeirismo, aínda que a diferenza deste, discorre por carreiros non balizados e, por tanto, non conta coas garantías de seguridade e calidade que proporcionan os sendeiros homologados. Na maioría de ocasións, a actividade adoita desenvolverse durante un mesmo día.

  1. "Manual de Senderos 2007 de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de novembro de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2016. 

Developed by StudentB