As serina proteases ou serina endopeptidases (tamén serín proteases) son encimas que rompen enlaces peptídicos de proteínas, nas cales o aminoácido serina funciona como nucleófilo no sitio activo do encima.[1]
Encóntranse amplamente distribuídas en eucariotas e procariotas. As serina proteases divídense en dúas clases segundo a súa estrutura: de tipo quimotripsina (ou tipo tripsina) ou de tipo subtilisina.[2]
Nos humanos, son responsables de coordinar varias funcións fisiolóxicas, como a dixestión, resposta inmune, coagulación do sangue e reprodución.[1]
- ↑ 1,0 1,1
Hedstrom, L. (Dec 2002). "Serine protease mechanism and specificity.". Chem Rev 102 (12): 4501–24. PMID 12475199. doi:10.1021/cr000033x.
- ↑
Madala PK, Tyndall JD, Nall T, Fairlie DP. (Jun 2010). "Update 1 of: Proteases universally recognize beta strands in their active sites". Chem Rev 110 (6): PR1–31. PMID 20377171. doi:10.1021/cr900368a.