Seychelles

Modelo:Xeografía políticaSeychelles
République des Seychelles (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoKoste Seselwa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Finis Coronat Opus»
«The End Crowns the Work»
«Mae Diwedd y Gwaith yn ei Goroni» Editar o valor en Wikidata
EpónimoJean Moreau de Séchelles Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°06′00″S 52°46′00″L / -7.1, 52.76667
CapitalVictoria Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Anse Boileau (pt) Traducir
Anse Etoile (pt) Traducir
Anse Royale (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación95.843 (2017) Editar o valor en Wikidata (208,81 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua inglesa
Crioulo das Seychelles Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie459 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMorne Seychellois (905 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de xuño de 1976 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente das Seychelles Editar o valor en WikidataWavel Ramkalawan (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional das Seychelles (pt) Traducir , (Escano: 31) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.286.687.873 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedarupia das Seicheles (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sc Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+248 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 133, 151 (en) Traducir e 999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísSC Editar o valor en Wikidata

Páxina webegov.sc Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453108

A República das Seychelles,[1][2] (en francés: Republique des Seychelles, en crioulo: La Repiblik Sesel), ás veces escrito en galego como Seixeles[3], (Escoitari/sˈʃɛlz/, /-ˈʃɛl, ˈsʃɛl(z)/, Francés: [sɛʃɛl][4][5][6] our [seʃɛl][7] é un país arquipeláxico formado de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth. Os países e territorios insulares próximos inclúen as Comores, Madagascar, Mauricio e a rexións de ultramar francesa de Mayotte e Reunión ao sur e Maldivas e o Arquipélago de Chagos (administrado polo Reino Unido como Territorio Británico do Océano Índico) ao leste. É o país africano soberano menos poboado, cunha poboación estimada en 2022 de 99.331 habitantes.

As Seychelles estaban deshabitadas antes de ser atopadas polos europeos no século XVI. Afrontou intereses franceses e británicos en competencia ata que pasou baixo o control total británico a finais do século XVIII.

Posúe o único aeroporto e porto internacional do país, que recibe voos desde os aeroportos internacionais máis importantes do mundo, xa que a principal fonte de divisas do país é o turismo.

Unha das atraccións principais de Victoria é o Xardín Botánico onde poden observarse as tartarugas xigantes que só se atopan nestas illas e nas illas Galápagos.

A etnia predominante é a seychellois de raíces africanas e francesas, pero tamén hai minorías chinesas e indias. A maioría da poboación profesa o catolicismo, un 8% da poboación son anglicanos e hai un 2% de diversas relixións.

Seychelles é o que se coñece como un paraíso tropical. As illas conservan a súa beleza natural, con fermosas praias e un mar con excelentes condicións para os amantes do mergullo. Ten clima tropical con temperaturas que, anualmente, oscilan entre os 25 e 30 °C, con meses moi chuviosos de novembro a maio cando son alcanzadas polos ventos monzónicos.

O 26 de decembro do 2004, as illas foron afectadas polo tsunami causado por un terremoto submarino con epicentro en proximidades de Indonesia. O tsunami cobrou máis de 300.000 vítimas en diversas zonas do océano Índico. No caso das Seychelles, os danos estimados chegaron aos 30 millóns de dólares, aínda que non sufriron perdas humanas xa que a poboación foi alertada sobre o desastre.

A cultura e a sociedade das Seychelles son unha mestura ecléctica de influencias francesas, británicas e africanas, con infusións máis recentes de elementos chineses e indios. O país é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Comunidade de Desenvolvemento do Sur de África e da Comunidade de Nacións.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rupia.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  4. "Seychelles - English translation in German - Langenscheidt dictionary French-German" (en inglés, alemán, e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  5. "Traduction : Seychelles - Dictionnaire français-anglais Larousse" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  6. "Seychelles | French » English | PONS" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  7. "English Translation of "Seychelles" | Collins French-English Dictionary" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 

Developed by StudentB