Siddhartha Gautama

Modelo:BiografíaTathāgata Editar o valor en Wikidata
Siddhartha Gautama

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. ↔ século V a. C. Editar o valor en Wikidata
Lumbini (Shakya) Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VI a. C. ↔ século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Kushinagar (Malla) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIndia
Nepal Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, relixión, Sozialreform oder Revolution?, Paz, Mente e Filosofía oriental Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbhikkhu, reformador social, spiritual teacher (en) Traducir, psiquiatra, psicólogo, escritor, father of faith (en) Traducir, líder relixioso, filósofo, predicador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoMahajanapada Editar o valor en Wikidata
MovementoNobre Caminho Óctuplo (pt) Traducir, Nirvana e Dharma Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlara Kalama (en) Traducir e Mah maudgalyana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosKhema (en) Traducir, Bimbisara (pt) Traducir, Gyalpo Dawa Zangpo (en) Traducir, Sharibu (en) Traducir, Maitreya-nātha (en) Traducir, Gawo (en) Traducir, Lobpön Magakpa (en) Traducir, Küngawo (en) Traducir, Drachompa Nyewa Khor (en) Traducir e Mah maudgalyana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Enaltecemento
Celebraciónbudismo Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoPhysical characteristics of the Buddha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe Editar o valor en Wikidata
FamiliaFamília do Buda Gautama (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeYashodhara Editar o valor en Wikidata
FillosRahula Editar o valor en Wikidata
PaisSuddhodana Editar o valor en Wikidata  e Maya Editar o valor en Wikidata
IrmánsNanda
Sundari Nanda Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Siddhārtha's farewell to Channa and Kanthaka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX840627
Príncipe Siddharta, Gandhara, século II

Siddhārtha Gautama (este é o nome en sánscrito, sendo Siddhāttha Gotama en pali) foi un príncipe, asceta, meditador, ermitán e mestre espiritual que viviu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya - que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India. Sobre a base dos seus ensinos fundouse o budismo,[1][2][3] e é venerado polos budistas como un ser plenamente iluminado que ensinou un camiño cara ao Nirvana (lit. desaparición ou extinción), a liberación da ignorancia, o apego, o renacemento e o sufrimento. Ensinou principalmente no noroeste do subcontinente indio durante uns corenta anos.[4] O seu ensino baséase nunha visión do sufrimento e o fin do sufrimento (nirvāṇa). É recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era.

Segundo a tradición budista, naceu en Lumbini no que é actualmente o Nepal, no seo dunha familia aristocrática na xa desaparecida república Sakia. Renunciou á vida laica e, despois de varios anos de mendicidade, meditación e ascetismo, experimentou un espertar espiritual. Polo tanto, coñéceselle co título de Buda, que significa «O Esperto».[5] Logo, o Buda viaxou pola chaira ganxética ensinando e construíndo unha comunidade relixiosa que incluía homes e mulleres, laicos e monásticos.

O Buda ensinou un camiño medio entre a compracencia sensual e o ascetismo estrito (practicado no movemento Sramano) común a esta rexión da India.[6] O seu camiño espiritual incluía adestramento ético e prácticas meditativas como a diana e atención plena. O Buda tamén criticou as prácticas dos sacerdotes brahmanes, como o sacrificio de animais. Morreu en Kushinagar, alcanzando o paranirvana. Desde entón foi venerado por numerosas relixións e comunidades ao longo de Asia.

Varios séculos despois da súa morte, a comunidade budista recompilou as súas ensinanzas en extensas coleccións, os Discursos (Sutras) e os Códigos Monásticos (Vinaia). Estas ensinanzas foron transmitidas en dialectos prácritos como o pali, a través dunha tradición oral nas diversas comunidades que se espallaron pola India.[7][8] As xeracións posteriores compuxeron textos adicionais, como tratados sistemáticos (Abhidharma), biografías de Buda, coleccións de historias curtas sobre as súas vidas pasadas (Jataka) e discursos adicionais (os Mahayana sutras).[9][10]

  1. Gethin (1998), pp. 5, 9, 10, 14.
  2. Strong, J.S. (2001), p. 1.
  3. Warder 2000, p. 45.
  4. Strong, J.S. (2001), p. 131.
  5. Gethin (1998), p. 8.
  6. Laumakis 2008, p. 4.
  7. Gethin (1998), pp. 40–41.
  8. Warder 2000, p. 4-7, 44.
  9. Warder 2000, p. 4.
  10. Cox, Collett (2003). "Abidharma", en: Buswell, Robert E. ed. Enciclopedia do Budismo, Nova York: Macmillan Reference Lib. pp. 1–7. ISBN 0028657187.

Developed by StudentB