O sistema sensorial é parte do sistema nervioso responsábel de procesar a información sensorial. O sistema sensorial está formado por receptores sensoriais e partes do cerebro involucradas na recepción sensorial. Os principais sistemas sensoriais son: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. O campo receptivo é a parte específica do mundo á que un órgano e unhas determinadas células do receptor responden. Por exemplo, o campo receptivo dun ollo é a parte do mundo que este pode ver.[1][2]
Existe consenso na comunidade científica que os seres humanos posúen moitos máis dos cinco sentidos. Non hai, con todo, acordo no número[3], pois iso depende da definición non moi sólida do que constitúe un sentido. Porén, sábese que a especie humana tamén dispón doutros sentidos que, entre outros, contribúen a manter o equilibrio ou transmiten información sobre o interior do propio corpo.[4]