Skinny Puppy | |
---|---|
Orixe | Vancouver, Canadá |
Período | 1982 - presente |
Selo(s) discográfico(s) | Metropolis, Subconscious Communications, Synthetic Symphony, Nettwerk, American Recordings, Play It Again Sam |
Artistas relacionados | Ohgr, Download, The Tear Garden, Doubting Thomas, Plateau, Hilt, Front Line Assembly, Ministry, Pigface, KMFDM, Cyberaktif, RX, Psyche, Images in Vogue |
Na rede | |
http://www.skinnypuppy.com | |
Skinny Puppy foi un grupo de música industrial da cidade canadense de Vancouver formado en 1982. Nun principio non era máis que un proxecto experimental de cEvin Key mentres inda estaba no grupo Images In Vogue, tamén se unira na experiencia Nivek Ogre como vocalista e Skinny Puppy acabou por se converter na súa banda principal. Key e Ogre foron os únicos membros permanentes na vida do grupo, outros membros que pasaron pola banda foron Dwayne Goettel (1986–1995), Dave Ogilvie (1982-1995), Mark Walk (desde 2003) e como convidados pasaron polo grupo Bill Leeb (1985–1986, co nome de Wilhelm Schroeder), Al Jourgensen (1989) e moitos outros.
Inspirada na música de grupos como Nocturnal Emissions, Portion Control e The Legendary Pink Dots os Skinny Puppy experimentaron con técnicas de gravación analóxica e dixital, compoñendo música con sintetizadores, caixas de ritmos, percusións acústicas, distorsións, samplers e instrumentos musicais convencionais da música rock. Tamén incorporaron pezas de filmes e de transmisións de radio nas súas cancións, aplicando amplamente o efecto de distorsión e outros efectos na voz de Ogre que grava frecuentemente como se recitase un monólogo interior. Os temas das súas cancións van desde os dereitos animais, a política, a relixión, a droga, a doenza á degradación ambiental ou ao terror.