Software libre

Mapa conceptual do software libre.

O software libre (en inglés free software)[1][2] é o software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións.[3][4][5][6][7] A liberdade que as licenzas lle dan o usuario son tanto a de poder obter o software de xeito gratuíto como a de cobrando o custo da súa distribución, mais sempre se garanta o acceso ao código fonte sen ningún tipo de restrición.[7]

Exemplos de software libre son: Darktable, Libreoffice e Gimp.

Malia que o termo en inglés free software xa se tiña empregado sen unha definición en particular antes, dáselle o crédito a Richard Stallman de introducilo co lanzamento do movemento do software libre, cando comezou o proxecto GNU en 1983. O proxecto GNU foi unha iniciativa de colaboración para crear un sistema operativo desenvolto por unha comunidade dun xeito aberto e que tivo éxito no inicio da computación.[8][9]

  1. Proxecto GNU. Free Software Foundation, eds. "What is Free Software". 
  2. Internet Hall of Fame (eds.). "Richard Stallman - Internet Hall of Fame". Consultado o 20 de outubro 2017. 
  3. GNU Operating system (eds.). "Phylosophy - Free Software Movement (gnu.org)". 
  4. GNU Operating system (eds.). "Philosophy of the GNU Project - Free Software Movement (gnu.org)". 
  5. Free software foundation (fsf.org) (eds.). "What is free software". 
  6. GNU Operating system (eds.). "Selling Free Software - Free Software Movement (gnu.org)". 
  7. 7,0 7,1 Richard M. Stallman; Lawrence Lessig (Introdución) (Decembro de 2004). Traficantes de Sueños, eds. Software libre para una sociedad libre (versión 1.0 ed.). Consultado o 21/10/2017. 
  8. Levi, Ran. Curious Minds Podcast, eds. "Richard Stallman and The History of Free Software and Open Source" (en inglés). 
  9. Amit Garg, Ryan Burdett, Ishaan Shastri, Evan Parker. "GNU". cs.stanford.edu. 

Developed by StudentB