Soiuz 2-1a

Un Soiuz 2-1a sendo preparado para o lanzamento.

O Soiuz 2-1a é un foguete espacial ruso de nova xeración derivado do mísil R-7 creado para lanzar tripulacións e carga á órbita baixa terrestre. Está formado por dúas etapas centrais cunha terceira etapa adicional rodeadas de catro foguetes aceleradores, unha configuración común para os foguetes da familia Soiuz. Foi usado por primeira vez durante en 2004. O foguete pódese lanzar tanto desde o cosmódromo de Plesetsk como desde o de cosmódromo de Baikonur. Tódalas etapas do foguete usan queroseno e oxíxeno líquido. O foguete transpórtase en horizontal ata a rampla de lanzamento, onde é erguido previamente ao lanzamento.[1][2]

  1. Mark Wade (2021). "Soyuz-2-1A" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-2-1a (14A14)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 

Developed by StudentB