Sonda espacial

Voyager 1, aínda en actividade fóra do Sistema Solar, 43 anos despois do seu lanzamento.
Diagrama das misións do Sistema Solar.[1]

Unha sonda espacial é unha nave espacial non tripulada, utilizada para a exploración remota doutros planetas, satélites, asteroides ou cometas. Normalmente as sondas teñen recursos de telemetría, que permiten estudar á distancia as súas características físico-químicas, tirar fotografías e por veces tamén o seu medio natural. Algunhas sondas, como Landers ou Rovers, pousan na superficie dos astros celestes, para estudos da súa xeoloxía e do seu clima. As primeiras sondas para estudar outros astros lanzáronse a finais da década de 1950 pola Unión Soviética e os Estados Unidos, no inicio da exploración espacial, e axudaron moito a desvelar os misterios do Universo. En anos posteriores, a Axencia Espacial Europea, o Xapón, a República Popular da China e a India tamén lanzaron as súas sondas.[2][3]

  1. "What's Up in the Solar System diagram by Olaf Frohn". The Planetary Society. 
  2. "Sonda Espacial – O que é, Como Funciona, Estudos e Funções, História". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  3. Sondas espaciais

Developed by StudentB