SONY CORPORATION | |
---|---|
Sede de Sony en Minato. | |
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 1946 |
Localización | Minato, Toquio, Xapón |
Persoas clave | Masaru Ibuka e Akio Morita (cofundadores) |
Industria | Electrónica |
Produtos | videoconsolas vídeo telecomunicacións |
Beneficio | 67 700 millóns de € (2008)[1] |
Beneficio operativo | 2 000 millóns de € (2008)[1] |
Beneficio neto | 3 000 millóns de euros (2008)[1] |
Número de empregados | 185.500[2] |
Na rede | |
https://www.sony.com/en/, https://www.sony.com/ja/ e https://www.sony.co.in/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sony Corporation (ソニー株式会社 ,Sonī Kabushiki Gaisha) é unha empresa multinacional orixinaria do Xapón e con sede en Minato, Toquio. É unha das maiores empresas de electrónica cuns ingresos superiores aos 90 mil millóns de dólares (datos de 2008)[1]. Forma parte das empresas líderes na fabricación de manufacturas eléctricas coma vídeo, telecomunicacións, videoconsolas e tecnoloxías da información.