A soprano é a voz feminina máis aguda[1] . O termo emprégase tamén como sinónimo para a persoa que canta con esa voz. A voz de soprano posúe un timbre claro e brillante. En contextos corais e operísticos, a liña de soprano adoita levar a melodía.[2] Esta denominación vén da lingua italiana soprano (en galego ‘soberán, superior’), que á súa vez vén do latín súper, supra: ‘sobre, por riba de’.[3].