Sorgo (xénero Sorghum) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sorghum bicolor | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
O sorgo[1] é o nome común de calquera planta do xénero Sorghum spp. Un xénero dunhas 20 especies de gramíneas[2] orixinarias das rexións tropicais e subtropicais de África oriental. Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Cultívanse na súa zona de orixe, Europa, América e Asia como cereal para consumo humano, animal, na produción de forraxes, e para a elaboración de bebidas alcólicas e vasoiras. A súa resistencia á seca e á calor faino un cultivo importante en rexións áridas, e é un dos cultivos alimentarios máis importantes do mundo.
É a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470 000 km², recollido en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.
O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).
As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).
Ao se tratar dun alimento carente de glute, representa unha opción nutritiva para as persoas celíacas. Posúe propiedades antidiarreicas, ou adstrinxentes, e homeostáticas.
O sorgo común (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é a especie máis estendida, cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe.