Submarino

Un submarino de ataque estadounidense da Clase Los Ángeles
Submarino alemán da primeira guerra mundial da clase UC-1

Un submarino é unha embarcación con capacidade para navegar somerxida baixo a auga. Aínda que a maioría deles úsanse para fins militares, algúns teñen uso civil normalmente científico.

As características dos submarinos varían moito segundo o propósito para o que foron construídos. Por exemplo, hai grandes submarinos con enerxía nuclear que poden permanecer baixo a auga durante meses, mentres que outros son científicos moito máis pequenos que só poden operar durante unhas horas.

A partir dos modelos máis primitivos de propulsión manual, os submarinos evolucionaron ata converterse en barcos altamente sofisticados. Aínda que a maioría dos avances foron por razóns militares, algúns foron por motivos civís, como os alcanzados polo enxeñeiro catalán Narcís Monturiol cos seus Ictíneo I e II.

Os primeiros submarinos movíanse manualmente, xa que os motores mariños aínda non foran inventados e moito menos para funcionar baixo a auga, tiñan funcións militares e tentaban afundir os buques inimigos por métodos como o de introducirlles parafusos nos cascos de madeira. Algúns empregaron explosivos, pero na maioría dos casos tiña como consecuencia a destrución do propio submarino xunto co do navío inimigo.


Developed by StudentB