Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século LV a. C. | ||||
Disolución | século XIX a. C. | ||||
Sumeria[1] (ki-en-ĝir en lingua sumeria), considérase unha das civilizacións máis antigas da humanidade; localizábase na parte sur da Mesopotamia (o Iraq da actualidade), situada en terreos coñecidos pola súa fertilidade, entre os ríos Tigris e Éufrates. A chegada dos sumerios á rexión estableceuna Samuel Noah Kramer entre o 3500 e o 3000 a.C.[2] sobrepoñéndose a unha poboación anterior. Sumeria exerceu influencia sobre as áreas circunveciñas, culminando na dinastía de Agadé, fundada en aproximadamente 2340 a. C. por Sargón I. Este, ao parecer, sería de etnia e lingua semitas. Despois de 2000 a.C. Sumeria entrou en declive, sendo absorbida por Babilonia e por Asiria.
Dúas importantes creacións acreditadas aos sumerios son a escrita cuneiforme, que antecede probabelmente todas as outras formas de escrita, sendo orixinalmente usada por volta do 3500 a.C., e mais as cidades-estados, sendo, probabelmente, a máis coñecida a cidade de Ur, construída por Ur-Nammu, o fundador da terceira dinastía Ur, por volta de 2000 a.C.