Tipo | Super Bowl | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Deporte | Fútbol americano | ||||||
Participantes | |||||||
Localización e Datas | |||||||
Localización | Miami Orange Bowl (pt) (Miami) 25°46′41″N 80°13′11″O / 25.77805, -80.219808333333 | ||||||
País | Estados Unidos de América | ||||||
Data | 14 de xaneiro de 1968 | ||||||
Competición | |||||||
| |||||||
Primeiro posto | Green Bay Packers | ||||||
O segundo Partido polo Campionato Mundial da AFC-NFC (inglés: AFL-NFL World Championship Game), coñecido retroactivamente como Super Bowl II, foi xogado o 14 de xaneiro de 1968 no Orange Bowl de Miami, Florida (Estados Unidos). Neste encontro de fútbol americano, os Green Bay Packers, defensores do título da National Football League (NFL) derrotaron aos Oakland Raiders, campións da American Football League (AFL) por 33−14. Este encontro e a Super Bowl III foron os dous únicos encontros da Super Bowl xogados de forma consecutiva no mesmo estadio.
Para este encontro, tal e como sucedeu durante a primeira Super Bowl, moitos seareiros e xornalistas deportivos crían que calquera equipo da NFL era inmensamente superior a calquera franquía da AFL. Os Packers, defensores do títulos, conseguiran un récord de nove vitorias, catro derrotas e un empate (9–4–1) durante a temporada de 1967, tendo vencido aos Dallas Cowboys, 21–17, na final da NFL (coñecida popularmente como a Ice Bowl, xa que foi xogada a −26 °C, cunha sensación térmica media de −44 °C). Por outra banda, os Raiders acabaron a súa temporada na AFL cun récord de 13–1, gañando na final da AFL aos Houston Oilers por 40–7.
Como se agardaba, os de Green Bay dominaron aos Raiders durante case todo o encontro. De feito, o quarterback dos Oakland Daryle Lamonica tan só é capaz de completar dous pases para touchdown. Por outra banda, o kicker dos Packers Don Chandler é capaz de converter catro field goals, tres deles na primeira metade, e o defensive back Herb Adderley é capaz de retornar unha intercepeción de 60 iardas para touchdown. En canto ao xogador do partido, por segunda edición consecutiva é galardoado o quarterback dos Packers Bart Starr, nun partido no que completa 13 de 24 pases para 202 iardas e un touchdown.[1]