Super Nintendo Entertainment System

A Super Nintendo Entertainment System (Versión PAL)
A Super Nintendo Entertainment System norteamericana

A Super Nintendo Entertainment System, tamén coñecida como Super NES ou SNES, é unha videoconsola de 16 bits lanzada por Nintendo en norteamérica, Europa e Australia. No Xapón é coñecida como Super Famicom (スーパーファミコン), e en Corea do Sur como Super Comboy (현대슈퍼컴보이), licenciada e distribuída por Hyundai Electronics.

A Super Nintendo Entertainment System foi a segunda consola de sobremesa de Nintendo e a sucesora da exitosa Nintendo Entertainment System (NES, tamén coñecida como Famicom no Xapón). A SNES non acadou tanta popularidade coma a súa predecesora, en parte pola crecente competencia de Sega coa súa consola Mega Drive (coñecida en Norteamérica como Sega Genesis). Malia o seu relativamente tardío lanzamento, rematando a súa "vida" a mediados dos 90, as súas vendas superaron ás da competencia, converténdose así na consola máis vendida da xeración dos 16 bits.


Developed by StudentB