Supergrupo SAR

O Sar, ou supergrupo SAR, é unha proposta de grupo monofilético de protistas que acolle aos stramenopiles (tamén chamados heterokontos), aos apicomplexos (mizozoos e alveolados) e aos rizarios [1][2][3][4]. O acrónimo "SAR" está formado pola inicial de cada un destes tres grupos (stramenopiles + Alveolata + Rhizaria). O termo "Harosa" (co nivel de subreino) tamén foi utilizado para referirse ao supergrupo SAR.[5]. SAR inclúe a máis especies protistas ca todos os demais grupos de eucariotas. Os SAR son diversos na súa citoloxía, organización morfolóxica e ciclos vitais [6][7].

As características morfolóxicas e os primeiros estudos filoxenéticos fixeron que se considerara que os protistas constaban de seis grupos monofiléticos, ou supergrupos: Opisthokonta, Amoebozoa, Excavata, Archaeplastida, Chromalveolata e Rhizaria. Porén, non se coñecía con claridade a relación entre eses grupos. Os estudos filoxenéticos recentes revelaron que os cromalveolados son un grupo non-monofilético. Con iso, definiuse o grupo SAR, que inclúe a maioría dos Chromalveolata pero deixa fóra aos haptófitos e criptófitos. O clado Hacrobia ou CCTH propúxose para acomodar os SAR xunto cos haptófitos e criptófitos. Aínda se está a debater se Hacrobia é un grupo monofilético[6][8].

A historia evolutiva do grupo está en estudo mais suxírese que os rizarios están máis cerca dos stramenopiles ca dos alveolados. Segundo a posición con respecto disto, pódese atopar a denominación do grupo como RSA ou SRA facendo referencia a diferentes distancias entre eles[7].

  1. Archibald JM (Xaneiro de 2009). "The puzzle of plastid evolution". Curr. Biol. 19 (2): R81–8. PMID 19174147. doi:10.1016/j.cub.2008.11.067. 
  2. Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, et al. (2007). Butler G, ed. "Phylogenomics reshuffles the eukaryotic supergroups". PLoS ONE 2 (8): e790. Bibcode:2007PLoSO...2..790B. PMC 1949142. PMID 17726520. doi:10.1371/journal.pone.0000790. 
  3. Hampl V, Hug L, Leigh JW, et al. (Marzo de 2009). "Phylogenomic analyses support the monophyly of Excavata and resolve relationships among eukaryotic "supergroups"". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 106 (10): 3859–64. Bibcode:2009PNAS..106.3859H. PMC 2656170. PMID 19237557. doi:10.1073/pnas.0807880106. 
  4. Frommolt R, Werner S, Paulsen H, et al. (Decembro de 2008). "Ancient recruitment by chromists of green algal genes encoding enzymes for carotenoid biosynthesis". Mol. Biol. Evol. 25 (12): 2653–67. PMID 18799712. doi:10.1093/molbev/msn206. 
  5. Cavalier-Smith T (2010). "Kingdoms Protozoa and Chromista and the eozoan root of the eukaryotic tree". Biol. Lett. 6 (3): 342–5. PMC 2880060. PMID 20031978. doi:10.1098/rsbl.2009.0948. 
  6. 6,0 6,1 Speijer, Dave; Lukeš, Julius; Eliáš, Marek (21/07/2015). "Sex is a ubiquitous, ancient, and inherent attribute of eukaryotic life". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 112 (29): 8827–8834. ISSN 0027-8424. PMID 26195746. doi:10.1073/pnas.1501725112. Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 Burki, Fabien; Shalchian-Tabrizi, Kamran; Minge, Marianne; Skjæveland, Åsmund; Nikolaev, Sergey I.; Jakobsen, Kjetill S.; Pawlowski, Jan (29/08/2007). "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLOS ONE 2 (8): –790. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0000790. Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  8. Okamoto, Noriko; Chantangsi, Chitchai; Horák, Aleš; Leander, Brian S.; Keeling, Patrick J. (Setembro de 2009). "Molecular Phylogeny and Description of the Novel Katablepharid Roombia truncata gen. et sp. nov., and Establishment of the Hacrobia Taxon nov". PLOS ONE 4 (9): –7080. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0007080. Consultado o 14 de febreiro de 2017. "A monofilia deste grupo está apoiada por varios diferentes conxuntos de datos moleculares e filoxenéticos e unha transferencia lateral de xenes compartida; por tanto, establecemos formalmente este clado diverso como 'Hacrobia'" (Orixinal: "The monophyly of this group is supported by several different molecular phylogenetic datasets and one shared lateral gene transfer; therefore, we formally establish this diverse clade as the 'Hacrobia.'") 

Developed by StudentB