TAROM Romanian Air Transport TAROM Transporturile Aeriene Române | ||
---|---|---|
IATA RO | OACI ROT | Indicativo TAROM |
Fundación | 1920 (como CFRNA) | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 29 | |
Destinos | 52 | |
Dirixentes | Ursu Mihăiță (CEO) [1] | |
Páxina web: http://www.tarom.ro/ |
Compania Națională de Transporturi Aeriene Române TAROM S.A., comercializada como TAROM, é a aeroliña nacional de Romanía, ademais de ser a máis vella aínda activa do país. Ten a súa sede en Otopeni, no aeroporto Internacional de Bucarest-Henri Coanda, que tamén é o seu principal centro de conexións. É a aeroliña máis grande de Romanía en termos de tamaño de frota e voos e destinos internacionais, e a segunda por pasaxeiros transportados, despois de Wizz Air.
O seu nome é o acrónimo de Transporturile Aeriene Române (Transporte Aéreo Romanés). O 97,22% da compañía pertence ao goberno de Romanía (Ministerio de Transporte). A aeroliña uniuse á alianza SkyTeam o 25 de xuño de 2010.