Tala samoana

Tala samoana
Samoan tala
Samoa tālā (samoano)
Código:WST
Ámbito: Samoa
Símbolo:WS$ (nalgúns casos SAT, ST ou T)
Fracción:100 (sene)
Moedas:5, 10, 20, 50 sene e 1 tala
Billetes:2, 5, 10, 20, 50 e 100 tala
Emisor:Banco Central de Samoa
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 3,3804 WST
1 USD = 2,4836 WST
Troco actual

O Tala é a moeda de Samoa. Divídese en 100 sene. Os nomes son os equivalentes en samoano ás palabras galegas dólar e céntimo.

O tala foi introducido en 1967. Ata ese momento, Samoa empregara a libra samoana, coas moedas de Nova Zelandia e os seus propios billetes. O tala substituíu a libra a razón de 2 tala = 1 libra, e, polo tanto, igual á do dólar neozelandés. O tala mantívose igual ao dólar de Nova Zelandia, ata 1975.

O símbolo WS$ emprégase xeralmente para o tala,[1] aínda que SAT,[2] ST[3] e T,[4] parecen estar tamén en uso. Ás veces as cifras escríbense co signo do dólar diante e "tala" despois; por exemplo, $ 100 tala.[5]

  1. Apartado da páxina oficial do Banco Central sobre os cartos en circulación
  2. http://www.samoarealty.ws/commercial_properties/top_cp.htm Samoa Realty Ltd.
  3. http://www.lonelyplanet.com/worldguide/destinations/pacific/samoa?a=facts Guía turística de Samoa
  4. Currency Symbol WST (Samoan Tala)
  5. http://www.cbs.gov.ws/currency/collectables/ Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Material numismático para coleccionistas do Banco Central de Samoa

Developed by StudentB