Templete de San Pietro in Montorio

Templete de San Pietro in Montorio
Fachada principal
Edificio
EstiloRenacemento (Cinquecento)
EnderezoPiazza di san Pietro in Montorio, 2
LocalizaciónRoma, Italia Italia
Coordenadas41°53′20″N 12°27′59″L / 41.88875, 12.46641667
Templete de San Pietro in Montorio en Italia
Templete de San Pietro in Montorio
Templete de San Pietro in Montorio
Localización do Templete de San Pietro in Montorio
Uso(s)Monumento
Construción
Inicio1502
Remate1510
Equipo
Arquitecto(s)Bramante
editar datos en Wikidata ]

O Templete de San Pietro in Montorio, tamén chamado Tempietto di San Pietro in Montorio ou Tempietto de Bramante, é un pequeno edificio circular situado no centro dun dos patios do convento de San Pietro in Montorio, en Roma, no outeiro Gianicolo e está situado na Praza di san Pietro in Montorio, 2. Está considerado un dos exemplos máis significativos da arquitectura renacentista, dos que manifesta dos temas fundamentais, como o plan central, a recuperación da arquitectura romana antiga e a investigación proporcional e xeométrica na relación entre as partes. Pero a característica principal desta obra é que foi o primeiro edificio renacentista no que a naos ou cella está rodeada, ao xeito clásico, cun anel de columnas con arquitrabe.


Developed by StudentB