Na glosemática, todo conxunto analizable de signos, independentemente de cal sexa a súa extensión.
Na lingüística textual desígnase texto a calquera enunciado coherente que sexa unha unidade comunicativa autónoma e pechada, independentemente de cal sexa a súa extensión (desde un simple ‘vaites' ata unha novela como A esmorga de Eduardo Blanco Amor).
O texto constitúe un sistema que non debe identificarse co sistema lingüístico, senón relacionado con el. O texto non é unha mera unidade lingüística de orde superior, non é unha sucesión de oracións cunha determinada relación, senón basicamente unha unidade comunicativa que presenta tres planos:
morfolóxico: Constituído por tódolos elementos lingüísticos das frases que o compoñen (fonolóxicos, gramaticais,...) e estudado pola análise retórica.