The Clash | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1976 - 1986 |
Xénero(s) | punk rock, post-punk, new wave, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | CBS, Epic Records, Sony Music |
Membros | Joe Strummer Mick Jones Paul Simonon Topper Headon Terry Chimes Keith Levene Rob Harper Pete Howard Nick Sheppard Vince White |
Artistas relacionados | Big Audio Dynamite, Havana 3am, The 101ers, The Good, the Bad & the Queen, London SS, Public Image Ltd, Gorillaz, The Latino Rockabilly War, The Pogues, The Mescaleros, Carbon/Silicon |
Na rede | |
theclash.com | |
The Clash foi un grupo de punk rock británico que durou de 1976 até 1985. Unha das bandas mais aclamadas pola crítica da época, The Clash foi famoso polo seu alcance musical (incorporaban reggae, Bebop, rockabilly, e eventualmente moitos outros estilos musicais no seu repertorio), por demostrar unha sofisticación lírica e política que os distinguía da maioría dos seus compañeiros no movemento punk, e polas súas explosivas actuacións ao vivo.