The Supremes | |
---|---|
Florence Ballard, Mary Wilson e Diana Ross en 1965 | |
Orixe | Detroit, Míchigan, Estados Unidos |
Período | 1959 – 1977 |
Xénero(s) | R&B, doo wop, soul, pop, disco |
Selo(s) discográfico(s) | Lu Pine Records, Motown |
Artistas relacionados | |
Na rede | |
The Supremes foi un grupo de música pop e soul estadounidense formado exclusivamente por mulleres, que interpretou cancións de distintos xéneros musicais, dende o doo wop á psicodelia e a música disco. Formouse na cidade de Detroit. As súas primeiras integrantes foron Florence Ballard, fundadora do grupo, a súa amiga Mary Wilson e unha compañeira de escola de ambas, Diana Ross. O trío The Supremes é a agrupación vocal feminina de maior éxito na historia da música popular dos Estados Unidos,[1] e durante a chamada "beatlemanía", foi o único grupo estadounidense que obtivo numerosos éxitos sucesivos, ao igual que o cuarteto británico.[2]