The Who | |
---|---|
The Who en 1975 (da esquerda para a dereita: Roger Daltrey, John Entwistle, Keith Moon e Pete Townshend | |
Orixe | Londres, Reino Unido |
Período | 1962 – 1983 1989 1996 – 1997 1999 – actualidad |
Xénero(s) | rock psicodélico, hard rock, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | MCA Records Decca Records Track Records |
Membros | Formación actual: Pete Townshend Roger Daltrey Zak Starkey Simon Townshend Pino Palladino John "Rabbit" Bundrick |
Na rede | |
https://thewho.com | |
The Who é unha banda inglesa de rock formada en 1962. Orixinalmente chamábase The Detours, aínda que pouco despois adoptarían o nome de The High Numbers para máis adiante pasarse a chamar The Who.
A banda naceu en Londres, Inglaterra. A alienación "clásica" estaba composta por Roger Daltrey (voz), Pete Townshend (guitarra), John Entwistle (baixo) e Keith Moon (batería). Townshend era o principal compositor: escribiu a maior parte das cancións da banda e foi o responsable dos conceptos e historias de álbums como Tommy e Quadrophenia e o proxecto Lifehouse. Entwistle tamén compuxo unha parte importante das cancións de The Who, e foi responsable dalgúns temas importantes da banda, nos que cantou (Townshend só cantaba nalgunhas das súas propias cancións).
Desa alienación só quedan vivos Pete Townshend e Roger Daltrey xa que Keith Moon faleceu por sobredose de pastillas en 1978 (polo que foi substituído por Kenney Jones) e John Entwistle por un ataque ao corazón en 2002.
O grupo é considerado un dos máis influentes na historia do rock, e foi descrita como "unha das bandas máis innovadoras e poderosas na historia do rock".[1]. A banda é pioneira do concepto de ópera rock, e considerase precursora de subxéneros como o punk e o britpop.