(1937) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1900 Asheville, Estados Unidos de América |
Morte | 15 de setembro de 1938 (37 anos) Baltimore (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Riverside Cemetery (en) |
Educación | Universidade Harvard Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill |
Actividade | |
Ocupación | escritor, ensaísta, dramaturgo, prosista, poeta, novelista, dramaturgo |
Empregador | Universidade de Nova York |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Fred Wolfe |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Olomouc City Library regional database (en) >>>:Wolfe, Thomas Clayton, 1900-1938, |
|
Thomas Clayton Wolfe, nado en Asheville (Carolina do Norte) o 3 de outubro de 1900 e finado en Baltimore (Maryland) o 15 de setembro de 1938, foi un importante novelista estadounidense do inicio do século XX.[1]
Thomas escribiu catro longas novelas, alén de varios contos, traballos dramatúrxicos e outras novelas. É coñecido por mesturar prosa extremadamente orixinal, poética, musical e impresionista coa escrita autobiográfica. Os seus libros reflicten vividamente a cultura americana e demais temas do período, aínda que filtrados pola perspectiva sensíbel, sofisticada e super-analítica de Thomas. Foi moi famoso en vida.[1]
Despois da morte de Wolfe, o seu principal contemporáneo, William Faulkner, dixo que Thomas podería ter sido o mellor talento da súa xeración.[1][2] A influencia de Wolfe esténdese aos escritos do famoso autor beat Jack Kerouac, Ray Bradbury e Philip Roth, entre outros. Continua sendo un dos máis importantes autores na literatura americana, considerado o escritor máis famoso de Carolina do Norte.[3]