Throwing Muses | |
---|---|
Orixe | Newport, Rhode Island, |
Período | 1981 - 1997 2002 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Sire Records, Warner Bros. Records |
Membros | Kristin Hersh David Narcizo Bernard Georges |
Antigos membros | Tanya Donelly Leslie Langston Fred Abong Elaine Adamedes Becca Blumen |
Artistas relacionados | 50 Foot Wave, Lakuna, Belly, The Breeders |
Na rede | |
throwingmusic.com | |
Throwing Muses é unha banda de rock alternativo estadounidense formada no ano 1981 en Newport, Rhode Island.[1] O grupo tocou extensamente ata 1997, momento no que os seus membros comezaron a centrarse noutros proxectos.
A banda orixinalmente estivo liderada por dúas irmanastras, Kristin Hersh e Tanya Donelly, que compoñían os temas do grupo.[1] Throwing Muses son coñecidos por interpretar música con ritmos cambiantes, polas súas progresións de acordes creativas, estruturas pouco ortodoxas e letras surrealistas.[1]
O grupo diferenciouse doutros artistas contemporáneos polo estilo de escritura franco de Hersh; as harmonías vocais e o estilo pop de Donelly; e as técnicas pouco comúns de David Narcizo evitando o uso dos pratos. As letras alucinantes e febrís de Hersh ocasionalmente tocan o tema das enfermidades mentais, debuxando retratos de personaxes da vida cotiá ou abordando relacións.