UTR

En xenética denomínanse UTR ou rexións non traducidas (procedente do inglés Untranslated Region) ás rexións que non se traducen a proteínas situadas nos extremos dos ARNm, que son copias complementarias das rexións dos extremos dos xenes. No extremo 5' do ARNm hai unha rexión chamada 5' UTR (ou secuencia líder) e no extremo 3' outra chamada 3' UTR (ou secuencia tráiler), que se encontran antes do codón de iniciación para a tradución da proteína e despois do codón de parada, respectivamente. No xene as rexións correspondentes ás UTR flanquean por cada lado o marco aberto de lectura (ou ORF).[1] As UTR non son zonas codificantes de aminoácidos das proteínas, pero aínda que non se traducen, si se transcriben, polo que están presentes nos ARNm.

As UTR teñen grande importancia na regulación da expresión xénica. Por exemplo, existen proteínas adaptadoras que recoñecen secuencias específicas, non codificantes, da 3' UTR.[2] Ademais, están implicadas na correcta expresión espacial e temporal dos xenes.

As UTR aparecen tanto en xenomas de eucariotas coma de procariotas e mesmo de virus, malia a sinxeleza do xenoma destes últimos.[3]

  1. Griffiths, J .F. A.; et al. (2002). Genética. McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-486-0368-0. 
  2. Watson, J, D.; Baker, T. A.; Bell, S. P.; Gann, A.; Levine, M. et Losick, R (2004). Molecular Biology of the Gene (Fifth edition ed.). San Francisco: Benjamin Cummings. ISBN 0-321-22368-3. 
  3. Cann, Alan J. (2005). Principles of Molecular Virology (4 ed.). Burlington, USA: Elsevier. ISBN 0-12-088787-8. 

Developed by StudentB