Union List of Artist Names | |
---|---|
Acrónimo | ULAN |
Tipo | control de autoridade e base de datos en liña |
Na rede | |
https://www.getty.edu/research/tools/vocabularies/ulan/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Union List of Artist Names (ULAN) é unha base de datos en liña que emprega un vocabulario controlado, mantida polo Getty Research Institute. Os títulos almacenados na ULAN poden incluír nomes, pseudónimos, variacións dos nomes, nomes en múltiples linguas e nomes que sufriron cambios co tempo.
Malia que se amosa como unha lista, a ULAN está estruturada como un thesaurus, que cumpre os estándares correspondentes ISO e NISO, contendo relacións asociativas, xerárquicas e de equivalencia.
O enfoque dos rexistros da ULAN son personalidades da arte. Cada rexistro identifícase cun número único, e ligado a cada artista amósanse nomes, artistas relacionados, fontes dos datos e notas. Os rexistros poden ser sobre artistas individuais ou grupos, e adoitan representar creadores involucrados na concepción ou produción de artes visuais e arquitectura.