Universidade Estatal de San Petersburgo Санкт-Петербургский государственный университет | |
---|---|
O edificio dos Doce Colexios na illa Vasilievsky en San Petersburgo é o principal edificio da universidade e a sede do reitorado e da administración | |
Datos xerais | |
Localización | San Petersburgo |
Fundación | 1724 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
Páxina web | english.spbu.ru |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Estatal de San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербургский государственный университет, Sankt-Peterburgskiy gosudárstvenny universitet) é unha institución de educación superior rusa, propiedade do estado, con sede na cidade de San Petersburgo. É unha das universidades máis antigas, grandes e prestixiosas de Rusia.
Está formada por vinte facultades especializadas, trece institutos de investigación, o Canada College, a Facultade de Estudos Militares e unha cátedra de Cultura Física e Deportes. Posúe un cadro docente de 4055 profesores (2004) e uns 39 000 estudantes. A universidade posúe dous campus principais, na illa Vasilievski e Peterhof.