Universidade de Helsinqui Helsingin Yliopisto (en finés) Helsingfors Universitet (en sueco) | |
---|---|
Edificio principal da Universidade | |
Datos xerais | |
Fundación | 1640 |
Datos actuais | |
Reitor | Jari Niemelä (desde o 1 de agosto de 2018)[1] |
Profesores | 7 838 (2018)[2] |
Alumnos | 31 200 (2018)[2]) |
Orzamento | 704 000 000 de euros (2017) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Fabianinkatu 33, 00014 Helsinqui |
Páxina web | http://www.helsinki.fi/university |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Helsinqui, en finés Helsingin Yliopisto (abreviatura HY) e en sueco Helsingfors Universitet (abreviatura HU), é unha universidade pública, a máis antiga de Finlandia, e a maior en canto ao número de estudantes e facultades, cunha ampla gama de disciplinas dispoñíbeis.
No ano 2018, 31 200 estudantes matriculáronse nos programas de estudos da universidade. Deles 16 647 cursaban un grao, 9 976 eran estudantes de posgrao, e 4 316 de doutoramento, repartidos en 11 facultades e 11 institutos de investigación.[2]
A universidade é bilingüe e imparte ensinanzas por lei tanto en finés como en sueco. Dado que o sueco, aínda que un idioma oficial de Finlandia, é unha lingua minoritaria, o finés é de lonxe o idioma dominante na universidade. O ensino en inglés é extenso en toda a universidade a nivel de máster, licenciado e doutoramento, o que o converte nun terceiro idioma de ensino de facto.
Manténdose fiel ao seu espírito tradicionalmente humboldtiano, a Universidade de Helsinqui pon grande énfase na ensinanza e a investigación de alta calidade dun estándar internacional superior.[3]