Universidade de Princeton Princeton University | |
---|---|
Entrada Nassau no 2003 | |
Datos xerais | |
Localización | Princeton (Nova Jersey) |
Fundación | 1746 como College of New Jersey |
Datos actuais | |
Alumnos | 4.635 pregrao e 1.975 posgrao |
Datos de contacto | |
Enderezo | Princeton, New Jersey 08544 USA, Oficina Central |
Páxina web | http://www.princeton.edu |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Princeton, localizada en Princeton (Nova Jersey) é unha das oito universidades da Ivy League. Foi fundada como College of New Jersei en 1746, e estivo orixinalmente localizada en Elizabeth (Nova Jersey). Está recoñecida como unha das máis prestixiosas universidades do mundo; foi trasladada a Princeton en 1756, mantendo o nome orixinal. O nome foi cambiado oficialmente a Universidade de Princeton ("Princeton University") en 1896. Orixinalmente foi unha institución presbiteriana, actualmente laica.