Universo observable

O universo observable, horizonte cosmolóxico ou volume de Hubble é o anaco de Universo que se pode ver dende a Terra cos nosos métodos de detección de obxectos, como telescopios. Isto acontece porque o universo ten 13 825 millóns de anos e a luz percorre 300 000 quilómetros por segundo, é dicir 9,5 billóns de quilómetros nun ano (ano luz). Hai galaxias das que aínda non nos chegou a súa luz. Porén, vemos as galaxias do universo observable máis afastadas aínda da idade do universo, pero, aínda así, estas vémolas como se estivesen máis preto. Isto débese a que, cando a súa luz foi emitida, estaban máis preto. Polo tanto, diámetro do universo observable é de 46 500 millóns de anos luz, sendo isto denominado como distancia comóbil.

Hai científicos que pensan que o universo observable é unha mínima parte do universo. Pola contra, outros científicos pensan que é case todo o universo. A Terra representaría o centro do universo observable, non a do universo na súa totalidade. Podemos ver a mesma distancia en todas as direccións. O universo observable está medrando cara a todas as direccións. En principio, suponse que de xeito isótropo, é dicir, coa mesma taxa de expansión en todas as direccións, pero na actualidade é algo que está posto en dúbida.[1]

  1. "Repensando la cosmología: la expansión del universo podría no ser uniforme". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-08. 

Developed by StudentB