Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Iraq | |||
Provincias | Dhi Qar (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 71 ha | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 3800 a. C. | |||
Disolución | 500 a. C. | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1481-006 | |||
Ur (ou Urim) era unha antiga cidade no sur da Mesopotamia, orixinalmente localizada preto da desembocadura dos ríos Éufrates e Tigris no Golfo Pérsico e preto de Eridu. Crese que é o berce da primeira civilización da Historia: en Ur durante o V milenio a. C. xa se coñecía a roda e é esta antiga cidade sumeria un dos primeiros lugares do planeta no que se atopan escrituras completas.
O lugar está marcado polas ruínas dun ziqqurat, que se conservou bastante ben, e polo montículo (tell) de entullos[1] . O cigurat é un templo de Sin e ten dous niveis construídos con ladrillo: no nivel inferior os ladrillos están unidos con betume, no nivel superior están unidos con morteiro.
Segundo a tradición bíblica é o lugar de nacemento de Abraham.