Vacina

Vacina da varíola.

A vacina (do latín vaccinus, 'vacún'; de vacca, 'vaca') é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo, na maioría dos casos, inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater as vexigas por Edward Jenner en 1796.

As vacinas clasifícanse en dous grandes grupos

  • Vacinas vivas ou atenuadas
  • Vacinas mortas ou inactivadas

Existen varios métodos de obtención:

  1. Vacinas avirulentas preparadas a partir de formas non perigosas do microorganismo patóxeno.
  2. Vacinas a partir de organismos mortos ou inactivos.
  3. Antíxenos purificados.
  4. Vacinas xenéticas.

As vacinas adminístranse por medio dunha inxección, ou por vía oral (tanto con líquidos como con pastillas).


Developed by StudentB