Vida | |||
---|---|---|---|
Colaxe de imaxes dos seis tipos de vida que existen (plantas, animais, arqueas, bacterias, fungos e protistas). | |||
Clasificación científica | |||
|
O termo vida[1] (en latín: vita) é unha característica que distingue entidades físicas que teñen procesos biolóxicos, como procesos de sinalización celular e autosuficiencia, das que non a teñen, xa sexa porque tales funcións cesaron (morto), ou porque nunca tiveron tales funcións e clasifícanse como inanimadas. Existen diversas formas de vida, como plantas, animais, fungos, protistas, arqueas e bacterias. Actualmente non hai consenso sobre a definición de vida. Unha definición popular é que os organismos son sistemas abertos que manteñen a homeostase, están compostos por células, teñen un ciclo vital, experimentan metabolismo, poden crecer, adaptarse á contorna, responder a estímulos, reproducirse e evolucionar. Outras definicións inclúen ás veces formas de vida non celular, como virus e viroides. A bioloxía é a ciencia que estuda a vida.
A abioxénese é o proceso natural polo que a vida xorde a partir de materia non viva, como os compostos orgánicos simples. A hipótese científica predominante é que a transición de entidades non vivas a entidades vivas non foi un acontecemento único, senón un proceso gradual de complexidade crecente. A vida na Terra apareceu por primeira vez fai 4280 millóns de anos, pouco despois da formación dos océanos, fai 4410 millóns de anos, e non moito despois da formación da Terra, fai 4540 millóns de anos.[2][3][4][5] As primeiras formas de vida coñecidas son microfósiles de bacterias.[6][7] A vida na Terra descende probablemente dun mundo de ARN, aínda que a vida baseada no ARN pode que non fora a primeira en existir.[8][9] O clásico Experimento de Miller e Urey de 1952 e investigacións similares demostraron que a maioría dos aminoácidos, os constituíntes químicos das proteínas utilizadas en todos os organismos vivos, poden sintetizarse a partir de compostos inorgánicos en condicións similares ás atopadas na Terra primitiva. As moléculas orgánicas complexas atópanse no sistema solar e no espazo interestelar e poden proporcionar materia prima para o desenvolvemento da vida na Terra.[10][11][12][13]
Desde os seus inicios, a vida na Terra cambiou a súa contorna nunha escala de tempo xeolóxico, pero tamén se adaptou para sobrevivir na maioría de ecosistemas e condicións. Algúns microorganismos, denominados extremófilos, prosperan en contornas física ou xeoquimicamente extremos que son prexudiciais para a maioría das demais formas de vida da Terra. A célula considérase a unidade estrutural e funcional da vida.[14][15] Existen dous tipos de células, procariota e eucariota, ambas as dúas formadas por citoplasma encerrado por unha membrana e que conteñen moitas biomoléculas, como proteínas e ácidos nucleicos. As células reprodúcense mediante un proceso de división celular, no que a célula nai divídese en dúas ou máis células fillas.
No pasado houbo moitos intentos de definir o que se entende por "vida" mediante conceptos obsoletos como forza ódica, hilomorfismo, xeración espontánea e vitalismo, hoxe refutados pola descubrimentos biolóxicos. Aristóteles é considerado a primeira persoa que clasificou os organismos. Máis tarde, Carl Linnaeus introduciu o seu sistema de nomenclatura binomial para a clasificación de especies. Co tempo, descubríronse novos grupos e categorías de vida, como as células e os microorganismos, o que obrigou a revisar drasticamente a estrutura das relacións entre os organismos vivos. Aínda que actualmente só se coñece na Terra, a vida non ten por que limitarse a ela, e moitos científicos especulan coa existencia de vida extraterrestre. O concepto de vida artificial defínese por unha simulación por computador ou unha reconstrución feita polo home de calquera aspecto da vida, que a miúdo se utiliza para examinar sistemas relacionados coa vida natural. Morte]] é a terminación permanente de todos os procesos biolóxicos que sustentan un organismo e, como tal, é o final da súa vida. O termo extinción describe a morte dun grupo ou taxón, normalmente unha especie. Os fósiles son os restos conservados ou vestixios de organismos.
A pesar de que non pode indicarse con precisión, a evidencia suxire que existiu vida na Terra durante 3700 millóns de anos polo menos,[16][17] aínda que algúns estudos dátana dende hai 4250 millóns de anos,[18] ou mesmo 4400 millóns de anos, segundo un estudo publicado en Nature.[19]
Cientificamente, pode definirse como a capacidade de administrar os recursos internos dun ser físico de forma adaptada aos cambios producidos no seu medio, sen que exista unha correspondencia directa de causa e efecto entre o ser que administra os recursos e o cambio introducido no medio por ese ser, senón unha asíntota de aproximación ó ideal establecido por dito ser, ideal que nunca chega á súa consecución completa pola dinámica do medio.[20]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/>
correspondente
|páxina-web=
e |xornal=
redundantes (Axuda)