Vietnam

Modelo:Xeografía políticaVietnam
Việt Nam (vi) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoTiến Quân Ca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Độc lập – Tự do – Hạnh phúc»
«Independence – Freedom – Happiness»
«Независимост - свобода - щастие»
«Annibyniaeth – Rhyddid – Hapusrwydd» Editar o valor en Wikidata
EpónimoNanyue Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°N 108°L / 16, 108
CapitalHanoi Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
An Giang (pt) Traducir
Ba Ria-Vung Tau (pt) Traducir
Bac Giang (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 63+
Poboación
Poboación96.208.984 (2019) Editar o valor en Wikidata (290,06 hab./km²)
Lingua oficialLingua vietnamita Editar o valor en Wikidata
Relixiónbudismo, catolicismo, protestantismo, Cao dai (pt) Traducir e Hòa Hảo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie331.690 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoFan Si Pan (pt) Traducir (3.143 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar da China Meridional (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1804 ↔ 14 de febreiro de 1839Nome
2 de setembro de 1945Declaração de independência (pt) Traducir
2 de xullo de 1976Unión política Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoEstado unitario
unipartidismo
república Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataTô Lâm (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Vietnam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataPhạm Minh Chính (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Vietnã (pt) Traducir , (Escano: 498) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal366.137.590.718 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDong vietnamita Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.vn Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+84 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia113, 115 e 114 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísVN Editar o valor en Wikidata

Sitio webvietnam.gov.vn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450945

Vietnam[1] (en vietnamita: Việt Nam viət˨ næm˧), oficialmente República Socialista de Vietnam (en vietnamita Cộng hòa Xã hội chủ nghĩa Việt Nam (Công hoà xa hoi chu nghia Viêt Nam.oga listen)) é o país máis oriental da Península de Indochina, no sueste asiático. Cunha poboación estimada de 90 millóns de habitantes, é o décimo terceiro país máis poboado do mundo, e o oitavo de Asia. O nome Vietnam, que se traduce por "Viet do sur" (sinónimo do termo antigo Nam Viet), foi oficialmente adoptado en 1802 polo Emperador Gia Long, e foi recuperado de novo en 1945 coa fundación da República Democrática de Vietnam baixo Ho Chi Minh. O país limita con China ó norte, Laos ó noroeste, Camboxa ó suroeste e o mar da China Meridional ó leste.[2] A capital é Hanoi dende a reunificación de Vietnam do Norte e do Sur en 1976.

Vietnam foi parte da China Imperial por máis dun milenio, dende o -111 ata o 938. Os vietnamitas conseguiron a independencia despois de conseguir a vitoria na Batalla do río Bạch Đằng. Floreceron sucesivas dinastías reais, e a nación estendeuse xeograficamente e politicamente no sueste asiático, ata que a Península de Indochina foi colonizada polos franceses a mediados do século XIX. Despois da ocupación xaponesa na década de 1940, os vietnamitas loitaron contra o goberno francés na primeira guerra de Indochina, expulsándoos en 1954. Vietnam foi dividida politicamente en dous estados, Vietnam do Norte e do Sur. Os conflitos entre os dous intensificáronse, coa forte intervención dos Estados Unidos, na que se coñece como guerra de Vietnam. A guerra rematou coa vitoria norvietnamita en 1975.

Vietnam foi unificado baixo un goberno comunista pero permaneceu empobrecida e politicamente illada. En 1986, o goberno iniciou unha serie de reformas económicas e políticas que significaron para Vietnam o camiño da integración no mundo económico.[3] No 2000, estableceu relacións diplomáticas con moitas nacións. Dende o 2000, o crecemento económico de Vietnam situouse entre os máis altos do mundo,[3] e, no 2011, tivo os máis altos indicadores de crecemento entre as 11 meirandes economías.[4] As reformas económicas deron como resultado a súa unión á Organización Mundial do Comercio no 2007.

Porén, malia os avances que experimentou nos últimos anos, o país aínda padece de altos niveis de desigualdade, disparidade de acceso á asistencia sanitaria, e falta de igualdade de xénero.[5][6][7][8][9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.
  2. The South China Sea is referred to in Vietnam as the East Sea (Biển Đông). VietNamNet News, ed. (10 de decembro de 2012). "China continues its plot in the East Sea". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Vietnam's new-look economy". BBC News. 18 de outubro de 2004. 
  4. Weisenthal, Joe (22 de febreiro de 2011). "3G Countries". Businessinsider.com. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  5. "Vietnam Inequality Report" (PDF). Mekong Economics. 2005. Consultado o 7 de novembro de 2010. 
  6. "Distribution of Family Income – Gini Index" Arquivado 13 de xuño de 2007 en Wayback Machine.. CIA World Factbook, 2008 data. Consultado o 27 de novembro de 2011.
  7. Adam Wagstaffa; Eddy van Doorslaerc; Naoko Watanabea (2003). "On decomposing the causes of health sector inequalities with an application to malnutrition inequalities in Vietnam". Journal of Econometrics (en inglés) 112 (1): 207–223. doi:10.1016/S0304-4076(02)00161-6. 
  8. Daniel Goodkind (1995). "Rising Gender Inequality in Vietnam Since Reunification". Pacific Affairs (en inglés) 68 (3): 342–359. JSTOR 2761129. doi:10.2307/2761129. 
  9. Gallup, John Luke (2002). "The wage labor market and inequality in Viet Nam in the 1990s". Ideas.repec.org. Consultado o 7 de novembro de 2010. 

Developed by StudentB